Ada ou contar de memoria unha novela de Nabokov

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov de María Roja naceu dunha vivencia persoal dunha da súa creadoras quen nos primeiros meses de 2018 perdeu o sentido da vista. Así nolo conta a autora “cada vez máis escasos entretementos co paso das semanas, alguén deu en lerme en voz alta, a anacos diarios, a novela de Vladimir Nabokov titulada Ada ou o ardor. Este feito serviu de punto de partida a unha acción na que se propón unha sorte de visita guiada ao rexistro que do texto permaneceu en min de xeito natural, entretecido este con acontecementos persoais íntimos e eventos históricos de certa relevancia xustapostos no tempo a dita escoita. A través dun inventario narrativo e formal descontinuo, desbótase a reconstrución fiel do relato textual en favor da implicación física do corpo e do contexto no acto de recordar”

As performers María Roja e Maria Chiginskaya conducirannos con Ada ou contar de memoria unha novela de Nabokov a través dun exercicio de rescate da memoria orgánica que bebe das nosa tradición oral e física.

maria roja
Videoperformance “O xogo dos triles” de Blanco&Roja 2016

María Roja é performer, artista visual e actriz. Licenciada en Belas Artes cun Mestrado en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo e Titulada Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia.

No ámbito da performance, vén traballando pezas en solitario ou en colaboración con outrxs artistas como Fran Martínez, Chiu Longina, Berio Molina, Quimera Rosa, Alba Blanco, Ana Gesto, Carlos Tejo, Adriana Pazos ou Begoña Cuquejo.

É cofundadora dos colectivos de arte de acción Ohn, áIntemperie e Blanco&Roja. A súa obra amosouse en exposicións e festivais organizados en galerías, museos, teatros e espazos alternativos de Galicia, España, Portugal, Grecia, Taiwan, Uruguay, Colombia, Chile, Brasil, Honduras, México, Ecuador, Santo Domingo, Arxentina, Cuba, Bosnia e Herzegovina, Irán ou Perú.

No eido da interpretación, destaca o seu traballo en compañías de artes escénicas de linguaxe posdramática así como a súa participación en producións audiovisuais de corte experimental.

Recibiu o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria polo seu traballo en O Tolleito de Inishmaan e foi nomeada nos mesmos premios a Mellor Actriz Protagonista pola súa actuación en Martes de Carnaval.

Maria Chiginskaya é guionista, redactora e tradutora especializada no eido audiovisual. Licenciada en Periodismo pola Universidade Estatal de San Petersburgo cun Mestrado en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo, é tamén guionista, redactora e tradutora especializada no eido audiovisual. Actualmente, é investigadora predoutoral no departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura da UVigo, onde desenvolve a súa tese arredor da dramaturxia española no teatro ruso.

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov formará parte do ciclo de artes escénicas do III Festival 85C o sábado 8 de setembro ás 17.30h no MARCO de Vigo e compartirá escenario coa estrea da peza de danza BOWND desde Portugal con Melissa Sousa e Catarina Campos e a obra inédita de Inherente Teatro. A entrada ao ciclo será de 10€.

39113347_250366502273433_8521168927185698816_n (1)


Redacción Vanessa Glemsel.

Anuncios