Danza/Circo: Analepsis

O domingo 9 de setembro, ás 12:30 na Praza da Constitución, desembarca en Vigo Paula Quintas co seu espéctaculo de danza/circo para todos os públicos: Analepsis.

Esta peza presenta unha escena retrospectiva que expón a historia, conectando momentos distintos e transladando a acción ao pasado.

 

PROMO ANALEPSIS- CÍA TRASPEDIANTE. DANZA-CIRCO from Paula Quintas Santos on Vimeo.

Paula Quintas, bailarina, aramista circese e coreógrafa visual, desenvolve a súa carreira como interprete e docente entre España e Inglaterra en varias compañías entre as que destacan: TrasPediante, ProJecto C-F Dance e Dizzy O’Dare.

Na actualidade, mantén unha liña de traballo noutros lugares como Portugal e Costa Rica, formando parte de proxectos institucionais. Así mesmo, xera un traballo de investigación noutras plataformas entre a danza, a performance e o circo.

Analepsis- cia Traspediante
Paula Quintas

Redacción Vanessa Glemsel

 

Anuncios