Dirección ante a cámara


CURSO INTENSIVO DE DIRECCIÓN DE ACTUACIÓN E INTERPRETACIÓN
DIANTE DA CÁMARA

Impartido por Anxos Fazáns

Duración: 6 horas
3 días con sesións de 2h cada día de 10:30h a 12:30h
Mínimo de persoas: 8
Cota de inscrición: 30 €
* Espazo por confirmar

DESCRICIÓN

Obradoiro práctico pensado para analizar o traballo da interpretación e dirección cinematográfica. Ten como obxectivo facer que o alumnado comprenda o código audiovisual para obter o máximo proveito das posibilidades expresivas que este medio ofrece.

A partir da experiencia propia como directora e partindo da idea de que non existe ningún método único no traballo artístico da dirección e interpretación, desenvolveremos as aptitudes persoais tendo como obxectivo o cinema filmado.

Cun carácter práctico, traballaranse escenas e secuencias cinematográficas e faranse prácticas gravadas coa intención de que o alumnado perda medo á cámara e se familiarice coa linguaxe propia do medio. Quen asista ao curso recibirá, ademais, nocións básicas da linguaxe fílmica e da dirección de actuación complementado con visionados de documentais, makings off, secuencias fílmicas etc.

18814744_135713403652435_5508047375064135118_o.jpg
Anxos Fazáns durante a rodaxe de A estación violenta

ANXOS FAZÁNS

 Traballa no guión, dirección e edición de diferentes proxectos audiovisuais. Graduada en Comunicación Audiovisual pola Uvigo, posteriormente estuda o Máster de Dirección de Cine da ESCAC. Durante a súa aprendizaxe desenvolve a webserie “Fame”, gañadora do Premio á mellor webserie en lingua galega no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay 2015 e finalista dos Premios Mestre Mateo 2015. Outra experiencia fundamental foi o seu traballo no equipo de dirección de “Las Altas Presiones”. Realizou as curtametraxes “Direcciones” e “Nacer en Septiembre”, ambas seleccionadas no Festival de Cans. Máis tarde chega a curtametraxe “Area” producida por Matriuska (Festival de Cans, Taratsa IFF, Buriem FF, Zinebi).

Anxos combina o seu traballo de directora co de axudante de dirección e script en diferentes proxectos. A Estación Violenta, unha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois, producida por Matriuska, supón a súa primeira longametraxe como directora e guionista. O filme estreouse en salas de cines comerciais despois do seu paso polo Festival de Cine Europeo de Sevilla, o BAFICI de Bos Aires e o D’A de Barcelona. Xunto con Silvia Fuentes foi unha das tutoras do Campamento Kamikace do Carballo Interplay 2018 que consistía na creación dunha serie web de tres capítulos en tres días.

35531883_10215244576935035_2070913503622856704_n
Anxos Fazáns

 

 


Redacción Nuria Vilán

Anuncios