Ciclo de artes escénicas

O Festival 85C ofrece na súa terceira edición un sorprendente ciclo de artes escénicas no que o público poderá gozar de tres pezas, algunhas delas inéditas, con formatos moi diversos. María Roja, Maria Chiginskaya, Melissa Sousa, Catarina Campos, Noelia Blanco, Noa Covelo e Celina Fernández Ponte (Inherente teatro) encabezan o cartel desta potente proposta escénica que levará danza, performance e teatro ao centro neurálxico da arte contemporánea en Vigo, o MARCO.

O ciclo de artes escénicas estará conformado polas pezas Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov, BOWND e a peza inédita de Inherente Teatro.

Para información detallada, preme nas pestanas superiores.

Data: 8 setembro 2018
Lugar: MARCO (Museo de Arte Contemporaneo de Vigo)
Hora: 17.30h
Entrada: 10€

39113347_250366502273433_8521168927185698816_n (1).jpg


Redacción Vanessa Glemsel e Nuria Vilán

 

Anuncios