3564: intervención na rúa

O Colectivo de acción As ghatas salvaxes participará na III edición do Festival 85C o sábado 08 de setembro ás 21:00 diante do MARCO coa acción “3564”.

Para a súa realización, desde os colectivos As ghatas salvaxes e 85C, animamos a toda muller a participar de forma activa nesta acción. Por iso, lanzamos unha convocatoria pública e aberta entre as mulleres interesadas.

Para formar parte da acción non se require ningún tipo de formación previa. Só precisas confirmar a túa participación antes das 23:59 do luns 03 de setembro neste correo: asghatasalvaxes@gmail.com e poder asistir á xuntanza explicativa que terá lugar o xoves 06 de setembro ás 20:00 no C.S.O. “A Cova dos Ratos” (Rúa Romil, 3).

 

As ghatas salvaxes é un colectivo de acción artístico-reivindicativo de rúa de Vigo. Horizontalidade, sororidade, redes de intercambio e solidaridade, xeitos de aprender e facer en común… principios nos que traballamos de dentro a fóra, de fóra para adentro de xeito trasversal co feminismo comunitario como base ética e en liña coa Internacional Situacionista, The Living Theatre, W.I.T.C.H, Teatro Social de Augusto, Teatro de Creación Colectiva e Artes de Acción para crear outras formas de quebrar as estruturas capitalistas hetero-patriarcais desde a arte e a concienciación social.

Texto: As Ghatas Salvaxes

Inscríbete a través deste formulario

 

Anuncios