BOWND

Melissa Sousa e Caterina Campos chegan desde Portugal e Venezuela para presentar de forma inédita a peza de danza BOWND onde mesturan a danza urbana coa linguaxe e os conceptos máis clásicos da danza. Por primeira vez amosarán ante o público o seu traballo conxunto afondando nun diálogo corpo e mente que levará a escena a evolución profesional das dúas creadoras.

Poucos son os detalles que as autoras achegan sobre BOWND máis alá dalgunhas das técnicas empregadas entre as que están os saltos e a percusión corporal e que se tratarán en profundidade no Obradoiro de Creación coreográfica dentro do propio Festival 85C.

Catarina Campos achou na danza urbana un universo onde todo pode ser integrado: poñendo o foco no estilo e a cultura Hip Hop, pero abríndose á danza e a súa linguaxe. En paralelo aos  seus estudos de arquitectura cimentou os seus alicerces neste eido como bailarina, coreógrafa e profesora na Academia e Compañía All About Dance, desde 2004, onde recibiu boa parte da súa formación e experiencia.

12265759_1046277942057931_6600044897446638570_o
Catarina Campos

Realizou a Formación Profesional de Danza Urbana en Flow Academy en París, facendo formación complementaria en la Juste Debout School. Foi intérprete no Laboratorio con Sandrine Lescourant (mufasa) en Porto e concluíu o programa de Formación Avanzada en Interpretación e Composición Coreográfica da Compañía Instável, presentando a súa primeira creación TRES.PAS.SAR con Sara Tilva no Teatro de Campo Alegre en Porto.

 

 

Foi intérprete na peza de danza urbana DEVICES de Phillipe “Physs” Almeida presentada en Saint Germain de Près en Paris. Creou tamén o seu primeiro só integrado en FERIDA (unha coprodución no Festival Imaginarius, en Portugal, e FiraTàrrega, en España). Crea e interpreta con Rina Marques QUERENCIA que integra a I Edición do Festival de Danzas Urbanas LOOP en Santa Maria de Feira e en Porto.

Melissa Sousa, formouse no módulo intensivo internacional de Danzas Urbanas na Peridance Dance School, New York.

18077247_10213157240947322_3333842394015186337_o
Melissa Sousa

Intérprete e coreógrafa do só de Hip Hop orixinado e presentado na prestixiosa Alvin Alley School of New York.

Gañadora de batallas de baile internacionais nas categorías de Hip Hop e House:

  • The Notorious IBE – Holanda (qualifiers)
  • Pop What You Got España
  • Esposende Street Dance Battle
  • Super Funky New York
  • Porto World Battle (Eurobattle Qualifiers )

Coreógrafa emerxente do programa de “Laboratorio de Creación Coreográfica” na Compañçia Instável, Teatro Campo Alegre, Porto. Está recoñecido tamén o seu labor como directora artística do Festival de Danzas Urbanas LOOP.

Asistir á estrea de BOWND dentro do ciclo de artes escénicas do III Festival 85C será unha oportunidade única de gozar da danza no lugar que mellor a acolle, o escenario. A obra compartirá espazo con Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov, de María Roja, e a peza inédita de Inherente Teatro. A entrada ao ciclo será de 10€.

39113347_250366502273433_8521168927185698816_n (1)


Redacción Vanessa Glemsel e Nuria Vilán

Anuncios