Composición con loops


OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN CON LOOPS E AS SÚAS POSIBILIDADES

Imparte Mounqup

Duración: 2 horas
Día e hora: 8 de setembro de 10:30h a 12:30h
Espazo: Institudo Camões – Casa de Arines
Cota de inscrición: 15 €

DESCRICIÓN

Clase maxistral de creación con Camille Hédoiun.
A través dos seus coñecementos, a artista achegará as experiencias persoais que atravesa no proceso de creación.  O propósito é que o alumnado adquira unha visión orgánica do traballo coa tecnoloxía dos loops integrándoos coa voz.

O curso ofrecerá unha panorámica do eido musical, dos procesos creativos e das distintas ferramentas técnicas que existen no mundo da electrónica e que Mounqup emprega.

32407145_1762290920554341_318330645128413184_o.jpg
Festival WOMAD, Cáceres 2018

Mounqup- Camille Hédouin

MounQup (escoita en Soundcloud) é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. Ela mesma etiqueta o seu estilo como electrónica vocal rural. Artesá do son, nada en Francia e filla adoptiva de Galicia, converteuse na artista revelación da escena electrónica galega. Desde os 15 anos emprega a súa voz en jazz, electrónica e folk, pero non foi ata a súa chegada a Galicia que comezou a experimentar con loops e samplers ata converterse na artista que é hoxe.

As súas composicións son colaxes de texturas, formas e cores que resultan nas características paisaxes sónicas de Mounqup. Compón na máis absoluta soidade do seu fogar no medio das montañas en A Bola (Celanova), rodeada da súa familia e experimentando con materiais cos que dá na súa contorna. Todo ten sentido nos seus espectáculos en directo. Desde un páramo frío e árido, créanse xunglas sónicas a través de múltiples elementos que flúen cara unha catarse sensorial. Poucas artistas representan tan ben a mestura de herdanzas culturais e o compromiso con elas a través de influencias que van desde ritmos africanos á experimentación nórdica máis audaz.

O seu segundo álbum, Castro verdi, vía a luz en maio de 2018.

Unha volta de torca ao son rural electrónico autoproducido e autoxestionado na súa totalidade polo dúo MOUNQUP/ MOLHO.

Mounqup
Festa Terridorio das Mulleres, Compostela 2018

 

Podes inscribirte a través deste formulario

 


Fonte de información Soundcloud
Tradución e adaptación a galego Nuria Vilán

Anuncios