Creación coreográfica


OBRADOIRO DE FERRAMENTAS PARA A CREACIÓN COREOGRÁFICA

Imparte BOWND (Portugal)
Melissa SousaCatarina Campos

Duración: 2 horas
Día e hora: 9 de setembro de 10:30h a 12:30h
Lugar: Instituto Camões – Casa de Arines
Cota: 15€
Mínimo de persoas 10/ máximo 15

DESCRICIÓN

O obradoiro ten como propósito fornecer as ferramentas técnicas e conceptuais que son abordadas e exploradas dentro da peza de danza urbana BOWND, que se estreará en Vigo na tarde do sábado 8 de setembro, dentro do ciclo de artes escénicas programadas no MARCO dentro do III Festival 85C.

O obradoiro pretende construír dun xeito novo o proceso de creación compartindo algúns métodos de composición e linguaxe empregados na obra:

  • Saltos, un dos elementos motores
  • Percusión corporal
  • Outras bases exploradas e adaptadas partindo das danzas urbanas
39080715_2268824546693960_701413346787721216_o
Catarina Campos e Melissa Sousa

Catarina Campos

Na Danza Urbana achou un universo onde todo pode ser integrado: poñendo o foco no estilo e a cultura Hip Hop, pero abríndose á danza e a súa linguaxe. En paralelo aos  seus estudos de arquitectura cimentou os seus alicerces neste eido  como bailarina, coreógrafa e profesora na Academia e Compañía All About Dance, desde 2004, onde recibiu boa parte da súa formación e experiencia.

12265759_1046277942057931_6600044897446638570_o.jpg

Realizou a Formación Profesional de Danza Urbana en Flow Academy en París, facendo formación complementaria en la Juste Debout School. Foi intérprete no Laboratorio con Sandrine Lescourant (mufasa) en Porto e concluíu o programa de Formación Avanzada en Interpretación e Composición Coreográfica da Compañía Instável, presentando a súa primeira creación TRES.PAS.SAR con Sara Tilva no Teatro de Campo Alegre en Porto.

Foi intérprete na peza de danza urbana DEVICES de Phillipe “Physs” Almeida presentada en Saint Germain de Près en Paris. Creou tamén o seu primeiro só integrado en FERIDA (unha coprodución no Festival Imaginarius, en Portugal, e FiraTàrrega, en España). Crea e interpreta con Rina Marques QUERENCIA que integra a I Edición do Festival de Danzas Urbanas LOOP en Santa Maria de Feira e en Porto.

Melissa Sousa

Formouse no módulo intensivo internacional de Danzas Urbanas na Peridance Dance School, New York.

Intérprete e coreógrafa do só de Hip Hop orixinado e presentado na prestixiosa Alvin Alley School of New York.

Gañadora de batallas internacionais nas categorías de Hip Hop e House:18077247_10213157240947322_3333842394015186337_o

  • The Notorious IBE – Holanda (qualifiers)
  • Pop What You Got España
  • Esposende Street Dance Battle
  • Super Funky New York
  • Porto World Battle (Eurobattle Qualifiers )

 

 

Coreógrafa emerxente do programa de “Laboratorio de Creación Coreográfica” na Compañçia Instável, Teatro Campo Alegre, Porto. Directora artística do Festival de Danzas Urbanas LOOP.

Podes inscribirte directamente a través deste formulario

 


Redacción Nuria Vilán

Anuncios