Da Chick

“I am freak, I’m Da Chick, it is time for you to know me”

Con paixón e franqueza Da Chick quere, pode e manda. Achega desde Lisboa o Funk da vella escola, o groove eterno do Soul e salta ao balance rítmico do Disco cun cóctel na man,  con letras azucaradas sobre deliciosos golpes.

chick 3.png
Da Chick

No 2012 edita o seu primeiro EP Curly Mess, a través de Discotexas e desde ese intr a artistas lisboeta nunca máis parou de ofrecer poderosos concertos e novos hits, acompañados sempre por excelentes videoclips. En 2013 lanza novo singleLotta Love, e en 2015 o seu primeiro longa duración Chick to Chick, producido com Moullinex, Xinobi, Cut Slack e Isac Ace.

O EP “Call Me Foxy” chega en 2017, cando Da Chick coñece ao produtor fracés Saintard no soundcloud e producen en conxunto este EP que busca sonoridades actuais, mantendo a atmosferta old school á que Da Chick habituou ao público desde sempre.

O escenario é a súa arena, onde xoga coa imaxe, a música e o público facendo das súas actuacións intres únicos cheos de enerxía e cor.

chick 4.jpg
Da Chick

Da Chick foi convidada a abrir concertos de lendas do funk como Earth Wind & Fire ou Maceo Parker e o sábado 8 de setembro estará no III Festival 85C cunha DJ set guiada pola súa voz deixando ao público envolto no éxtase!

Ás 23h na sala Master compartindo escenario con Rendi Nue e Mounqup.

Entrada anticipada 10€/ 12€ en billeteira.

cartel oficial 85c
Cartel III Festival 85C, deseño Marcia Vázquez

Redacción Nuria Vilán

Anuncios