DADGA

DADGA é un cuarteto vigués de música folk formado por Claudia Abril (percusión, violín e voz), Hugo Franco (guitarra e mandolina) , Marina Carpente (violín e voz) e María Jorge (violín).

Captura de pantalla (125)
Hugo Franco, María Jorge, Claudia Abril e Marina Carpente

Todas elas formáronse na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (E-trad), encargada de protexer e difundir a música patrimonial galega. Entraron en contacto no campamento San Simón Fiddle, do que agora forman parte da organización alén de exercer o seu labor como mestras.

O seu repertorio baséase en temas tradicionais galegos e orixinais, no entanto, a colaboración de todas as compoñentes con distintas artistas do panorama internacional, confírelle aos seus arranxos influencias de diversos estilos musicais.

DADGA  busca, co seu traballo, achegar ao público, e en especial á mocidade, a música tradicional tratando así de dar visibilidade e revalorizar a cultura e tradición galega.

captura-de-pantalla-1231.png
Hugo Franco, Marina Carpente, Claudia Abril, María Jorge

Ás 23h no Burla Negra ao carón da Nova regueifa feminista e da noite de Foliada. Entrada 5 €.

 


Redacción Sabela Sardiña

 

Anuncios