Danza con bebés


OBRADOIRO DE DANZA EN FAMILIA CON BEBÉS E EMPARAZADAS

Imparte Nuria Sotelo

Duración: 2 horas
Día e hora: 9 de setembro de 10:00h a 12:30h
Lugar: Instituto Camões – Casa de Arines
Cota: 15€/ famila
Máximo 8 familias.
Para familias embarazadas ou con bebés de 0 a 2 anos.

DESCRICIÓN

Un espazo de encontro entre corpos e sensibilidades.

Un pequeno mundo onde compartir e explorar a través do físico e dos sentidos.

Tomando como punto de partida a música, o movemento, as cores, as texturas, as caricias, as masaxes, os arrolos e as cancións, ábrese un espazo onde atoparse e conectar cos pequenos grandes seres que acaban de chegar ou están por vir e entre as persoas que os acompañan.

Para familias embarazadas ou con bebés de 0 a 2 anos.

12795106_10209190517466479_2544675237072581551_o
Nuria Sotelo, no centro, na peza “Ensaio amor”

 

Nuria Sotelo

Intérprete de danza e teatro, coreógrafa e directora artística da Compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo.

Nada en Ourense no 1978, achégase á danza desde ben cativa a través do ballet clásico. A partir do ano 1999, no transcorrer dos seus estudos de veterinaria, continúa coa formación en danza contemporánea e teatro dentro das Aulas de danza e Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e de Ourense e en cursos como o ImPulsTanz en Viena, Deltebre Danza ou os organizados polo Centro Coreográfico Galego, a Sala Galán e o Tatro Ensalle.
Aprende diferentes técnicas de creadores diversos entre os que destacan Chevy Muradai, Daniel Abreu, Hisako Horikawa, Ko Murobushi e o colectivo Les Slovaks entre outros.


Nuria Sotelo

 

Podes inscribirte a través deste formulario

 

 



Redacción Nuria Vilán

Anuncios