Danza en familia

OBRADOIRO DE DANZA EN FAMILIA

Imparte Nuria Sotelo

Duración: 1 hora
Día e hora: 9 de setembro de 11h a 12h
Lugar: Instituto Camões – Casa de Arines
Cota: 6€/participante (5€/participante en familias de 4 membros ou máis)
Máximo 6 familias

DESCRICIÓN

A danza en familia abre un espazo de relación e diálogo, fundamentalmente físico, onde se potencia a creatividade, a capacidade de escoita e observación

É unha oportunidade para que toda a familia, desde persoas adultas a crianzas, aprendan en conxunto dun xeito lúdico e aberto que axude a abrollar a creación de vínculos entre entre a propia familia e o resto do grupo.

A música, o movemento, a improvisación, os xogos, a pintura, as masaxes, a danza, a relación co chan e o cambio de roles favorecen a confianza  e abren novas canles de contacto e comunicación.

O obradoiro está orientado a familias con crianzas a partir de 3 anos.

 

 

 

Nuria Sotelo

Intérprete de danza e teatro, coreógrafa e directora artística da Compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo.

Nada en Ourense no 1978, achégase á danza desde ben cativa a través do ballet clásico. A partir do ano 1999, no transcorrer dos seus estudos de veterinaria, continúa coa formación en danza contemporánea e teatro dentro das Aulas de danza e Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e de Ourense e en cursos como o ImPulsTanz en Viena, Deltebre Danza ou os organizados polo Centro Coreográfico Galego, a Sala Galán e o Tatro Ensalle.
Aprende diferentes técnicas de creadores diversos entre os que destacan Chevy Muradai, Daniel Abreu, Hisako Horikawa, Ko Murobushi e o colectivo Les Slovaks entre outros.

 

Nuria Sotelo

Podes inscribirte a través deste formulario

 


Redacción Nuria Vilán

Anuncios