Mounqup

Electrónica vocal rural.

Mounqup  é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. Artesá do son, nada en Francia e filla adoptiva de Galicia, converteuse na artista revelación da escena electrónica galega. Desde os 15 anos emprega a súa voz en jazz, electrónica e folk, pero non foi ata a súa chegada a Galicia que comezou a experimentar con loops e samplers ata converterse na artista que é hoxe.

 

As súas composicións son colaxes de texturas, formas e cores que resultan nas características paisaxes sónicas de Mounqup. Compón na máis absoluta soidade do seu fogar no medio das montañas en A Bola (Celanova), rodeada da súa familia e experimentando con materiais cos que dá na súa contorna. Todo ten sentido nos seus espectáculos en directo. Desde un páramo frío e árido, créanse xunglas sónicas a través de múltiples elementos que flúen cara unha catarse sensorial. Poucas artistas representan tan ben a mestura de herdanzas culturais e o compromiso con elas a través de influencias que van desde ritmos africanos á experimentación nórdica máis audaz.

O seu segundo álbum, Castro verdi, saía á luz en maio de 2018.  Unha volta de torca ao son rural electrónico autoproducido e autoxestionado na súa totalidade polo dúo MOUNQUP/ MOLHO.

Ademais, Mouqup imparte o obradoiro de Composición con loops a mañá do sábado na Casa de Arines dentro da programación do Festival 85C.

Sábado 8 ás 23h enchendo a sala Master de enerxía a carón de Rendi Nue e de Da Chick.

Entrada 10€ anticipada/ 12€ billeteira.

cartel oficial 85c
Cartel III Festival 85C, deseño Marcia Vázquez

Redacción Nuria Vilán

 

Anuncios