Poesía e xénero


TALLER DE POESIA E GÉNERO*

Imparte Raquel Lima (Portugal)

Duração: 2 horas
Dia e hora: 8 de setembro de 10:30h a 12:30h
Lugar: Instituto Camões – Casa de Arines
Cota: 15€

Os métodos, estilos e temas na poesia foram desde sempre influenciados por um cânone literário masculino, branco e elitista, e daí surge a necessidade de compreender e situar essa imposição hegemónica na poesia a partir do corpo d@ poeta.

Existem padrões que sustentam processos criativos e identitários em constante re-invenção e re-escrita, num processo de apropriação de várias vozes que poderão à partida ser vistas como contraditórias e numa procura de ruptura com o estável, fixo e inerte. Esses padrões são guiados em função da intensidade com que o sujeito poético interliga identidade, sexo, sexualidade e papéis de género, posicionando-@, ou não, numa dimensão mutável – em constante redefinição.

Este workshop será um exercício colectivo que parte de provocações para questionar e sugerir caminhos de interpretação da poesia, à luz do género de quem a escreve e interpreta. Propondo uma revisão da ideologia de género, tentaremos identificar, durante a análise da linguagem poética d@s participantes, sinais de repressão de um discurso normativo, num ambiente propício para analisar e aprofundar o processo de escrita poética, e reflectir sobre o tema, simultaneamente, dentro e fora do corpo d@ poeta.

33427309_978389012320805_5935160717308067840_o
Raquel Lima na Mostra Internacional Bilbao Spoken Word 2018

Raquel Lima (Lisboa)

Raquel Lima is a poetry author and spokenword artist based between Lisbon and Coimbra – Portugal, where she participated in several festivals, namely Festival Silêncio, FOLIO and Palavras Andarilhas. She was invited to numerous international events of poetry, literature, oral tradition and spokenword, i.e. Italy, France, Poland, United Kingdom, Belgium, Brazil, Estonia, Spain, Netherlands, Sweden, Switzerland, São Tomé e Príncipe and more recently Gana and Mexico.
She organizes poetry events and workshops in several schools, associations, festivals and in the scope of residency programs, highlighting the Workshop ‘Poetry and Gender’ in Tartu (Estonia) and São Paulo (Brazil) and the Coordination of PortugalSLAM – International Festival and Platform of Poetry and Performance from 2013 to 2016. She published her poems in several anthologies and fanzines, have been translated to several languages and have been collaborating with different musicians and artists in the search of different sonorities and languages that may dialogue with her poetry. She graduated in Artistic Studies from the School of Arts and Humanities – University of Lisbon, founded the cultural association Pantalassa, and she is presently a PhD student in the scope of the program of Postcolonialisms and Global Citizenship of the Center for Social Studies of the University of Coimbra.

OBRADOIRO DE POESÍA E XÉNERO
PARA UNHA ESCRITA INTERSECCIONAL

Imparte Raquel Lima (Lisboa)

Duración: 2 horas
Día e hora: 8 de setembro de 10:30h a 12:30h
Lugar: Instituto Camões – Casa de Arines
Cota: 15€

Os métodos, estilos e temas na poesía foron desde sempre influenciados por un cánon literario masculino, branco e elitista, e de aí xorde a necesidade de comprender e situar esa imposición hexemónica na poesía a partir do corpo d@ poeta. 

Existen patróns que sustentan procesos creativos e de identidade en constante reinvención e reescrita, nun proceso de apropiación de varias voces que poderán, nun comezo, ser vistas como contraditorias, e nunha procura de ruptura co estable, fixo e inerte. Eses patróns son guiados en función da intensidade con que o suxeito poético interligue identidade, sexo, sexualidade e papeis de xénero, posicionándo@, ou non, nunha dimensión mutable en constante redefinición.

Este obradoiro será un exercicio colectivo que parte de provocacións para cuestionar e suxerir camiños de interpretación da poesía, á luz do xénero de quen escribe e interpreta. Propoñendo unha revisión da ideoloxía de xénero, tentaremos identificar, durante a análise da linguaxe poética de quen participa, signos de represión dun discurso normativo, nun ambiente propicio para analizar a afondar no proceso de escrita poética, e reflectir sobre o tema, ao mesmo tempo, dentro e fóra do corpo d@ poeta.

 

32776247_974449886048051_3085289237390557184_o.jpg
Raquel Lima 

 

Raquel Lima (Portugal)

Raquel Lima é unha autora de poesía e artista da palabra falada que vive entre Lisboa e Coimbra (Portugal), onde participou en numerosos festivais, entre os que descatan o Festival Silêncio, FOLIO e Palavras Andarilhas. Foi convidada a numerosos eventos internacionais de poesía, literatura, tradición oral e palabra falada en países como Italia, Francia, Polonia, Reino Unido, Bélxica, Brasil, Estonia, España, Países Baixos, Suecia, Suiza, San Tomé e Príncipe e, máis recentemente, Gana e México.

Corre a cargo da organización de eventos e obradoiros en varias escolas, asociacións, festivais e no eido de residencias artísticas, destacando a Obradoiro “Poesía e Xénero” en Tartu (Estonia) e São Paulo (Brasil) e a coordinación do PortugalSLAM – Festival Internacional e Plataforma de Poesía e Performance entre 2013 e 2016. Os seus poemas foron publicados en varias antoloxías e fanzines, a súa obra foi traducida a varias linguas e colaborou con diferentes músicos e artistas na procura de sonoridades e linguaxes que dialogasen coa súa poesía. Está graduada en Estudos Artísticos pola Escola de Artes e Humanidades da Universidade de Lisboa, formou a asociación cultural Pantalassa e realiza o seu doutorado en Postcolonialisms and Global Citizenship no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra.

 

*Non é preciso ter coñecementos de lingua portuguesa, cada persoa traballará no idioma que escolla.

 

Podes inscribirte directamente a través deste formulario

 

 


Tradución e adaptación a galego Nuria Vilán

Anuncios