Rendi Nue

A música como medio de expresión e de revolución.

Cantante, MC & Songwritter,  Rendi Nue abre a noite central do Festival 85C prendendo lume na lírica coa súa voz.

Desde a nenez amosa interese en diversos estilos musicais que pasan  polo blues, jazz, regaae e mestizaxe ata centrarse na música urbana. Comeza a encher libretas compoñendo raps e combinando estilos musicais como o dub, a electrónica e o r&b.

A música toma a súa vida como medio de expresión e de revolución con letras de contido social e persoal, intimista e atmosférico.

Hai un mes lanzaba o seu último tema “Realidad” a plataformas dixitais.

 

Cun directo potentísimo, na súa traxectoria formou parte como vocalista do grupo de rap-metal “La Suite F” publicando o disco “Diamantes brutos” que foi presentado por toda a península. A finais de 2013, ano en que o grupo decide disolverse por motivos persoas, Rendi Nue continúa, senlleira, a súa traxectoria ata día de hoxe.

O próximo sábado 8 de setembro, nunha noite que promete facernos suar, Rendi Nue subirá ao escenario a carón dun equipo de DJ, corista e unha ilustradora que pintará en directo a ritmo da súa voz.

38072404_1357250877752229_3793152654394261504_o.jpg
Rendi Nue

O seu último lanzamento é “Atmósfera”, un EP formado por 4 cortes baixo o selo Producciones CreoEnMi, gravado, mesturado e masterizado polo Produtor Bleis Beats.

Algúns dos seus traballos ata o momento son “Nadie me conoce” (Maqueta 2008), Ep “Zero” (2013), single “Mamba Negra”, single “Prestazione” (en la mixtape del Deejay compostelano Dj Mil) un longa duración titulado “Shiva” (2015), con tracks como “Fuerza y Amor” (single incluído na mixtape “Moving Ass Vol.1″ do colectivo Cordobés Big Ass Shakers a modo de dubplate xunto con tracks de máis artistas como Hermano L, Shotta, Lashe, Falsalarma, Legendario, Lasai, Mad Division, Gordo Master, General Levi… Fixo colaboraciones nos temas “Otra vez borracho” (feat Mazit), single “Gónogora VS Quevedo (feat Sombra)”, single “Perros Lokos Vol.1″ (co selo CreoEnMi).

Rendi Nue compartiu cartel con artistas como Little Pepe, Nish Wadada, Gata Cattana, Suite Soprano, Denom, Locoplaya, Ricky Hombre Libre, Rebeliom do Inframundo, Niños Velcro, Soge Culebra, Erin (Comando Katana) e George Palmer.

Sábado 8 na sala Master ás 23h canda Mounqup e Da Chick
Entrada anticipada 10€/ 12€ en billeteira.

cartel oficial 85c.jpg
III Festival 85C 2018, deseño Marcia Vázquez

Redacción Nuria Vilán

Anuncios