Sábado 8

Chegando ao sábado iniciamos a fin de semana repetindo o formato da noite anterior. A mostra comezará ás 20.00h e de novo terá unha duración aproximada de 1 hora para as proxeccións, cun tempo reservado para a rolda final de preguntas. Nesta quenda teremos a oportunidade de gozar de novo das creacións de Xisela Franco con Vía Láctea e de Ariadna Cordal con Estela.

Captura de pantalla (112)
Xisela Franco

En Vía Láctea (2013), a autora a modo de virxe lactante presenta o seu autorretrato da maternidade. Sobre os seus corpos nús proxéctase unha película de 16mm, restos de celuloide antigo reempregado, material alterado e pintado fotograma a fotograma con pigmentos; conseguindo un efecto xaspeado de abstracción en movemento que se imprime sobre elas coma un lenzo transformado pola memoria. A obra está envolta nunha paisaxe sonora escura e pechada que escapa da representación tradicional da lactación. O traballo de Xisela, a cabalo entre o cinema e a arte contemporánea está sempre na procura de novos camiños da expresión audiovisual, cuestionando a propia identidade do cinema para revisalo e redefinilo.

Captura de pantalla (114)
Ariadna Cordal

Estela (2017) é unha das obras que Ariadna realizou durante a carreira e que ademais de obter recoñecemento na súa universidade, formou parte da Selección Oficial do Festival de Cans. Trátase dunha curta de stop motion sobre unha rapaciña que atopa unha estela e sobre como os seus arredores rexeitan o descoñecido. Ela embárcase nunha pequena aventura e cambia para ben.

 

 

 

Captura de pantalla (116)
Noemi Chantada

Nesta xornada acompañaranos La mujer invisible (2017) da produtora viguesa Noemi Chantada. Noemi conta cunha longa experiencia como directora de foto e cámara e no ano 2016 funda a súa propia produtora Islandia para desenvolver proxectos máis persoais que arrancan coa súa ópera prima, La mujer invisible.

Sinopse: Vive nun pequeno piso da cidade de Vigo, e o seu decorrer non sería moi diferente ao de calquera moza da súa idade de non ser pola tristeza que enmarca o seu rostro. Porque ao chegar á tarde muda de pel: cambia de roupa, cambia de nome e cambia.
E así pode encarar unha noite máis.
Só unha noite máis
Só un mes máis
Só un ano máis.

Captura de pantalla (117)Tamén contaremos con Abatida (2018) de Anxos Fazáns, autora da webeserie Fame galardoada á mellor webserie en lingua galega no Interplay 2015 e finalista nos Mestre Mateo do mesmo ano. Anxos formou parte do equipo directivo de Las Altas Presiones de Ángel Santos e realizou diferentes curtas entre as que destaca Area, seleccionada en distintos festivais. Actualmente está inmersa na distribución da súa primeira longametraxe A Estación Violenta, adaptación da novela homónima de Manuel Jabois, producida por Matriuska.
Abatida supón o primeiro traballo conxunto de Anxos Fazáns coa poeta Nuria Vil. Como elas mesmas definen “Abatida xunta texto e imaxes, poesía e cine, creando un mapa inesperado de sensacións.”

A modo de sinopse os versos da poeta: “Unha cartografía da vinganza onde as feridas máis fondas, coma as rabuñadas nas defensas traseiras dos coches, pasan desapercibidas.”

 

Outra novidade da xornada será Listen to Me (2016) da tamén artista viguesa Carla Andrade que realizou estancias artísticas por distintas partes do mundo. Nas súas creacións integra a súa afección polo mundo da arte e o cinema co mundo conceptual, sendo esta simbiose un dos trazos máis definitorios do seu traballo. A súa obra foi exposta en distintos centros de arte contemporáneo, forma parte de múltiples publicacións nacionais e internacionais e recibiu diferentes recoñecementos como o Premio Artes Plásticas da Universidade Complutense de Madrid (2014).

captura-de-pantalla-118.png
Carla Andrade

Sinopse:mListen to me é un xesto (audiovisual) que prentende invertir a eterna posición da muller como obxecto de visión para pasar a vela en subxectivo, “escoitala” en vez de mirala. Como expuña Marguerite Duras; achar o espazo baleiro e falar desde el, como arma de resistencia á aliñación do discurso dominante. Mediante unha linguaxe que se afasta do terreal, esta peza instálase nunha clase distinta de consciencia que non está sometida ás correspondencias ríxidas de causa e efecto, liberandose das relacións convencionais de tempo e espazo. Destrución do relato. Desde o inicio mergullámonos nun universo-outro, cuxas leis non responden a teorías establecidas, e onde realizamos unha viaxe simbólica. Unha nena deambula, libre. Unha muller vella míranos, estática, sen vernos. Unha moza camiña e é arrastrada por unha ovella nunha praia cunha illa ao fondo. Outras contemplan un océano irreal, coa illa de lonxe. Mulleres do sur de Nepal, atravesan un campo de trigo, alleas. E a auga, como combinación do inefable e o material.

 

E por último, desde o Baixo Miño chega Palmira (2017) da tudense Diana Gonçalves. A autora do documental cinematográfico Mulleres da Raia premiado en diversos festivais nacionais e internacionais, exerce a súa labor como produtora no Cinemar Films, o estudo de referencia en Europa para os responsables de Dolby Laboratories. Diana colaborou coa produtora Pórtico Audiovisuais para a Televisión de Galicia e coa Axencia Galega das Industrias Culturais no programa Creativa que promove o intercambio cultural entre España e Portugal. Entre 2009 e 2013 forma parte do laboratorio documental El retrato firmado dirixido por Marta Andreu, do que máis tarde recupera material para o seu segundo traballo documental, Palmira.

 

Captura de pantalla (119)
Diana Gonçalves

 Sinopse: Palmira, coñecida pola maioría como a avoa de Galicia, foi unha das protagonistas do meu primeiro documentario, Mulleres da Raia. A búsqueda nese momento era outra, pero dende o día que a vin a través da ventá, sentín a necesidade de volver para filmala. E así sucedeu. Un ano despois atopei o motivo e o espazo para facelo. Palmira é o resultado de cinco anos de encontros promovidos polo laboratorio de creación “O retrato filmado” (Play-doc, Festival Internacional de Documentales de Tui), que deu orixe a varios retratos filmados en diferentes momentos e editado nunha única peza anos despois. Palmira é o encontro entre unha muller centenaria e unha aprendiz documentalista que ao longo dos anos e durante uns días se reencontran para construir o seu retrato. ¿Pero cal? ¿O de Palmira ou o da documentalista? Sen querelo inicialmente, ambos.  A vida que transcurre lentamente, repetitiva. Un corpo cansado pero á vez resistente. E do outro lado da cámara, a tentativa de atopar ese instante fugaz que nos revele algo mais da vida. Da observación á construcción, coa propia personaxe. Palmira é o retrato de varios encontros e o testigo do proceso e evolución dese retrato repetitivamente. Un corpo canso pero á vez resistente. E do outro lado da cámara, a tentativa de atopar ese instante fugaz que nos revele algo mais da vida. Da observación á construción, coa propia personaxe. Palmira é o retrato de varios encontros e a testemuña do proceso e evolución deseretrato.

 

Para máis información sobre o ciclo de Proxeccións preme nas pestanas Venres 7 e Domingo 9.


Redacción Sabela Sardiña

Anuncios